Quen somos?

Galauda é un proxecto educativo intercultural que se asenta en dous piares principais:

  • Fomentar nos adolescentes o respecto cara as linguas e as culturas, a partir das que forman parte da sociedade na que viven.
  • Defender a diversidade lingüística e cultural, de xeito que as estudantes e os estudantes de secundaria perciban esta diversidade como un ben imprescindible na formación dunha sociedade cohesionada e flexible ao tempo.
Este proxecto concrétase no coñecemento da cultura galega en Cataluña e da cultura catalá en Galicia e xorde como unha necesidade das sociedades actuais. Hoxe en día as sociedades enfróntanse coa obriga ineludible de crear novas formas de organización social que lles permitan interrelacionar a multiplicidade de elementos culturais que as conforman.
equipo de Galauda somos conscientes de que só se conseguimos darlle volta á percepción da diversidade como un lastre e entendela como unha garantía para o intercambio, poderemos facer da mundialización, que finalmente é inevitable, un movemento a favor da xustiza e da igualdade , tal como di Carme Junyent.Institucións implicadas

Neste proxecto están implicadas as administracións galega e catalá, e a Universitat de Barcelona.Galauda xerouse na Universitat de Barcelona, na sección de Filologies Gallega i Portuguesa (Departament de Filologia Romànica) e conta co apoio decidido da Dirección do Departamento e do Decanato.O Departament d’Educació da Generalitat de Catalunya e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia asinaron un protocolo en 1999 onde se articulan as bases do Proxecto.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *