Publicacións

portada vencello
Vencello. Lingua e cultura galegas para estudantes de fóra de Galicia (última edición: 2007, Barcelona: Galerada)
Vencello é o manual creado polo equipo do Proxecto Galauda para o seu uso nas aulas de galego dos institutos de Secundaria de Cataluña onde se ofrecen materias de lingua e cultura galegas. A obra está deseñada de xeito que os contidos de lingua, cultura e literatura se combinen para que os estudantes accedan a eles na súa dimensión máis ampla. Desta maneira o alumnado aprende a lingua dentro do seu contexto cultural.

contos
Contos no Mediterráneo
O Proxecto Galauda, coa colaboración do Lectorado de Galego da UAB, editan unha antoloxía de contos presentados na categoría A  do concurso literario Contos no Mediterráneo entre os anos 2008, 2009, 2010 e 2011. Esta categoría foi creada para que puidese participar no concurso o alumnado do Proxecto Galauda. Pódese consultar a versión en liña do libro aquí.

image001396
Fanzine O Catalizador
O Catalizador é o primeiro fanzine galego-catalán, feito polos rapaces do Proxecto Galauda. Esta actividade iniciouse en 2009, coa axuda de Anxo Baranga, co gallo de participar no Saló del Còmic que anualmente se desenvolve en Barcelona.  Ler ficha da publicación en culturagalega.org. Ver PDF Nº 1.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà Els camps necessaris estan marcats amb *