GALEGO

MANIFESTO DE GIRONA SOBRE DEREITOS LINGÜÍSTICOS

1. A diversidade lingüística é un patrimonio da humanidade, que debe ser valorado e
protexido.
2. O respecto por todas as linguas e culturas é fundamental no proceso de construción e
mantemento do diálogo e da paz no mundo.
3. Cada persoa aprende a falar no seo dunha comunidade que lle dá a vida, a lingua, a
cultura e a identidade.
4. As distintas linguas e falas non son soamente instrumentos de comunicación, tamén
son o medio no que os humanos medran e as culturas se constrúen.
5. Toda comunidade lingüística ten dereito a que a súa lingua sexa usada como oficial no
seu territorio.
6. O ensino escolar debe contribuír a prestixiar a lingua falada pola comunidade
lingüística do territorio.
7. O coñecemento xeralizado de varias linguas por parte dos cidadáns é un obxectivo
desexable porque favorece a empatía e a apertura intelectual, de paso que propicia un
maior dominio do idioma propio.
8. A tradución de textos -nomeadamente das grandes obras de cada cultura- representa
un factor moi importante no necesario proceso de achegamento e respecto entre os
humanos.
9. Os medios de comunicación son altavoces privilexiados cando se trata de facer
efectiva a diversidade lingüística e de prestixiala con competencia e vigor.
10. O dereito ao uso e protección da lingua propia debe ser recoñecido polas Nacións
Unidas como un dos dereitos humanos fundamentais.
Translated by PEN