A revolta dos silencios

Sang-Sik-Hong-Straw-Sculptures-Mouth2

.

.

.

.

.

.

.

.

Boca

Autor: Sang Sik Hong

Òmes revoutats,

es a dire

òmes.

Rotland Pécot

Estalará, muda, hogano a revolta.

Os dentes, en fileira, sen dano,

barricada branca para as palabras baleiras

do océano escumoso da gorxa

naufragarán, convulsas,

entre consignas e peñores.

 

Os ollos, despois,

en mangas de auga envolvidos,

desaugarán a rabia resiliente

das arterias.

 

Será daquela cando os òmes,

sublevados en silencios

farán tremer as restrebas.

 

                   Trad. Marica Campo